O PP denuncia que Valoriza reclama 80.000 euros "polos seus propios erros de cálculo"
Por Oskar Viéitez
O concelleiro do PP Tucho Muíños reprochou este martes a "desfachatez" da empresa Valoriza, actual concesionaria da recollida de residuos en Poio, que esixiu ao concello 79.876,97 euros adicionais cada ano –a maiores dos 800.000 que xa percibe- por, segundo aduce a empresa, poñer máis contedores dos que figuraban no contrato.
O PP de Poio criticou que a empresa presente esta esixencia "despois de tres anos de incumprimentos sistemáticos do contrato coa complicidade do bipartito".
Muíños rexeitou que os veciños de Poio "teñan que pagar aínda máis polos erros de cálculo da empresa", e lamentou o "compadreo constante" entre o goberno local de Luciano Sobral e a concesionaria.
Os populares recordan que Valoriza accedeu ao contrato despois de reclamar contra a empresa gañadora do concurso e que "incumpriu o contrato constantemente desde que accedeu o servizo ante a pasividade do goberno local".
Subliñan que o bipartito "apenas tomou medidas" ante a non recollida selectiva, o incumprimento de prazos e investimentos, ou o uso de material, persoal e vehículos noutros concellos "mentres a empresa pretende chulear aos veciños".
Relacionadas:
-
O Partido Popular localiza máis de 300 colectores de lixo obsoletos en Poio
Por Redacción |
-
O PP alerta dunha nova subida de máis de 22.000 euros no contrato do lixo de Poio
Por Redacción |
-
O Concello de Poio rexeita as acusacións de "compadreo" coa concesionaria do servizo do lixo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP volve denunciar que os camións de lixo de Poio prestan servizo na Illa de Arousa
Por Redacción |