Piden a creación dunha senda peonil entre Calvelo e o IES de Tenorio
Por Redacción
O Partido Socialista en Cerdedo-Cotobade presentará unha moción no próximo pleno para reclamar unha senda peonil que una o lugar de Calvelo co IES de Tenorio. Con esta proposta queren que se evite a situación de perigo ante a ausencia de beirarrúas nese tramo.
Lina Garrido, como portavoz do grupo municipal socialista, sinala que os veciños levan varios anos denunciando o perigo do proxecto do Ministerio de Fomento coa construción da glorieta na estrada entre Forcarei, Cotobade e Cerdedo.
Indican que se trata dunha zona pola que transitan peóns, menores e persoas con gando, que corren perigo ante o exceso de velocidade que se detecta na zona. Os socialistas inciden en que as obras non melloraron a visibilidade para os peóns nin para os vehículos á hora de incorporarse ao carril dereito.
Inciden no perigo que se rexistra na parada escolar e a falta de comunicación entre as distintas zonas desta contorna. Reclaman pasos subterráneos e un illote que permita o xiro á esquerda para acceder á gasolineira e unha solución para evitar que os condutores teñan que efectuar o cambio de sentido no lugar de Bora.
Por estes motivos, reclaman unha senda peonil que permita un tránsito seguro dos peóns nesta zona.
Relacionadas:
-
Avanza a mellora integral de vías e de servizos en Parada de Tenorio
Por Oskar Viéitez |
-
A senda peonil de Calvelo e o novo xuíz de paz centran o debate plenario de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O PSOE reclama seguridade na ponte colgante de Tenorio e no paso elevado da N-541
Por Oskar Viéitez |
-
Fomento comprométese coas dúas rotondas de Cerdedo e a mellora do enlace de Calvelo
Por Redacción |
-
O enfado dos veciños de Calvelo chega ao Congreso
Por Oskar Viéitez |
-
Queixas pola reforma da N-541 ao seu paso por Calvelo en Tenorio
Por Redacción |