O enterro do Galo Fodorico pecha o longo Entroido de Poio
Por Redacción
Seis semanas despois, Poio dixo adeus ao seu Entroido. Fíxoo co enterro do Galo Federico, que se celebrou este domingo no municipio.
A comitiva fúnebre partiu da Praza do Mosteiro ás seis da tarde e, tras a súa chegada á Praza de Arís, o mítico personaxe -que este ano ía vestido de axente forestal- foi incinerado.
No desfile participaron as comparsas locais Os Canecos, Os 100 tolos e o grupo de Samieira, así como outras agrupacións como Flores de Entroido e Alegría, chegadas desde Pontevedra.
A festa concluíu cunha nova edición da Festa do Choqueiro e cunha verbena amenizada polo trío Acibeche.