Jorge Canda propón á Xunta a posibilidade de que o Concello asuma as colonias de Covelo
Por Oskar Viéitez
O alcalde da Lama, Jorge Canda, mantivo este venres unha reunión co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, para analizar a situación das colonias de Covelo unha vez que se fixo efectiva a disolución do padroado que a xestionaba.
O alcalde trasladoulle a Cores Tourís a preocupación dos veciños de Covelo e de todo o municipio polo futuro do legado do conde de Cabanelas que data das dúas primeiras décadas do século XX.
Asimismo e sobre a posibilidade de que o Concello poda asumir as colonias, Jorge Canda apostou pola suscrición dun convenio a varias bandas (Concello, Xunta e Deputación de Pontevedra) de cara a conseguir financiamento para a rehabilitación deste complexo que conta con 40.000 metros cadrados.
Ademais, Jorge Canda tamén recordou ao delegado territorial que conta co compromiso da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, de colaborar economicamente co proxecto de recuperación deste complexo educativo se o resto de administracións tamén se involucran no mesmo.
O obxectivo sería destinalo a un fin educativo e de ocio formativo xuvenil aproveitando o magnifico enclave natural no que se atopa e coa intención de preservar e potenciar a relación entre a mocidade e o medioambiente.
O delegado territorial trasladará a demanda do alcalde e das asociacións de veciños aos departamentos autonómicos implicados.
APOIO DE PONTE CALDELAS
O Concello de Ponte Caldelas está disposto a dar o seu apoio institucional á asociación de veciños Laxedo, no empeño pola recuperación da finca das colonias escolares. O alcalde, Andrés Díaz, recibiu a Iñaki Touriño e Miguel Martínez, presidente e vocal da asociación de veciños e amosouse sensible ás reivindicacións que lle plantearon.
Relacionadas:
-
Cidadáns pide ao Concello da Lama que cumpra co Pladiga e limpe a finca das Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Alertan de que a extinción das Colonias Escolares supón unha perda de 50 empregos para A Lama
-
A Lama presenta un contencioso-administrativo contra a extinción do padroado de colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
O BNG demandará no Parlamento a continuidade do padroado das Colonias Escolares
Por Redacción |
-
Jorge Canda suma o apoio de Carmela Silva para salvar as Escolas de Covelo
Por Redacción |
-
Unanimidade na Lama para recorrer a disolución do padroado das colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
A Lama reacciona contra a intención da Xunta de extinguir e liquidar a Fundación Colonias Escolares
Por Oskar Viéitez |