Programan visitas teatralizadas ao Bosque das Sequoias
Por Oskar Viéitez
A Concellería de Cultura e Festexos retoma o proxecto de dinamización de espazos públicos, #dinamizapoio. Esta iniciativa naceu o pasado ano 2017 con motivo do Ano do Bosque de Colón e a Conmemoración Oficial do 25 aniversario do Bosque das Sequoias.
Nesta segunda fase, haberá visitas teatralizadas para centros educativos, dende o 11 ata 20 de abril, e tamén para o público familiar ou colectivos os días 14, 15, 21 e 22 de abril.
Ademáis haberá unhas xornadas didácticas centradas no "Ano do Bosque de Colón" no monte comunal. Iniciaranse coa realización de sesións para escolares nos centros educativos públicos participantes nas visitas do 2017. Dende o 3 ata 10 de abril do 2018.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, presentou esta iniciativa xunto a Marcial García, representante da Comunidade de Montes de san Xóan; Moncho Pazos, director do CEIP Isidora Riestra; Cecilia Prieto, dinamizadora sociocultural del Concello e Tamara Andrés, responsable desta iniciativa.
O Concello con motivo do Día da árbore 2018 tamén vai repoñer a placa conmemorativa do XXV aniversario da conmemoración oficial do Bosque das Sequoias en Poio.
O propósito de #dinamizapoio céntrase na posta en valor do Bosque das Sequoias e a Casa Museo de Colón, permitindo aos escolares, colectivos e ao público familiar gozar da localidade así como por en valor a súa historia, atendendo á diversidade patrimonial.
Na primeira fase visitaron o Bosque das Sequoias e a Casa Colón un total de 522 persoas entre escolares, colectivos e público xeral do municipio e visitantes aínda así quedaron en lista de reserva 350 persoas que completaron a inscrición previa sen obter praza dispoñible.
Relacionadas:
-
O Bosque de Colón en San Xoán de Poio, candidato a Espazo Natural Protexido
Por Redacción |
-
O PP de Poio propón á Comunidade de Montes de San Xoán a designación do Bosque de Colón como Espazo Natural Protexido
Por Oskar Viéitez |
-
O Bosque de Colón volve ás súas orixes
Por Redacción & Diego Torrado |