As contas de Vilagarcía xa non están en números vermellos
Por Aitana Vidal & Oskar Viéitez
Por primeira vez desde o ano 2009, o remanente de Tesorería é positivo o concello de Vilagarcía presenta un superávit fixado en 1,6 millóns de euros. Estes son os resultados das "necesarias" medidas de axuste postas en marcha polo alcalde vilagarciano, Tomás Fole, segundo el mesmo asegurou nunha comparecencia de prensa.
Acompañado do concelleiro de Economía, José Manuel Pardal, o rexedor lamentou que esta situación non evitará a suba de impostos municipais nin tampouco repercutirá en novos investimentos "sólo se invertirá lo justo y necesario".
Pardal asegurou que a clave deste axuste municipal foi a redución dos gastos e tamén a inxección de liquidez aportada polo Estado "recibimos casi cinco millones de euros con los que conseguimos hacer frente al pago a proveedores, pero este dinero hay que devolverlo en un plazo de diez años", matizou.
Fole xustificou unha vez máis a necesidade de acudir ao "préstamo de Montoro" insistindo en que a decisión "ha sido la correcta. Hemos pagado a los proveedores, inyectado dinero y empezado a sanear las cuentas municipales".
Para Fole a clave está en manter as medidas de axuste para sanear a tesorería de Ravella "que hemos cogido en un estado muy crítico", dixo referíndose á "herencia recibida".