A CIG maniféstase polo centro de Pontevedra en defensa das pensións dignas
Por Sara López Lago & Anxo Lourido
Centos de persoas sumáronse este xoves 15 á marcha da CIG polas rúas do centro de Pontevedra reclamando pensións públicas e dignas. Desde o sindicato nacionalista consideran lamentable que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, non teña dado resposta no Congreso aos pensionistas que levan anos reclamando unha mellora da súa calidade de vida recuperan dous dereitos que se viron afectados sobre todo con motivo da crise económica.
Con berros de "Mobilizacións en defensa das pensións" e "Montoro ladrón, devólvenos as pensións", os manifestantes fixeron un percorrido desde a praza da Ferrería pasando pola Peregrina, Joaquín Costa, Blanco Porto e Benito Corbal para finalizar na praza da Peregrina.
Alí, a portavoz de emigrantes retornados, María Esther Crespo, leu un comunicado denunciando a situación que atravesan os galegos onde o 65% das pensións atópanse por baixo da mínima.
Desde a CIG denúnciase sobre todo a situación que sofren as mulleres galegas cunha media de 605 euros de pensión.
O secretario comarcal do sindicato nacionalista CIG, Marcos Conde, indicaba a continuación que é necesario saír á rúa para reivindicar este dereito e enfrontarse á intención do goberno de introducir plans privados que benefician á banca e ás grandes empresas.
O acto de protesta ao que acudiron representantes do goberno local de Pontevedra concluíu coa interpretación do himno galego.
Relacionadas:
-
A asemblea de delegados de CIG reflexiona sobre a "necesidade" de convocar unha folga xeral
Por Natalia Puga & Paula Sanmartín |
-
VIDEO.- Pensionistas saen á rúa en Pontevedra para reclamar "o que é noso"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A CIG convoca os xubilados a unha protesta na Ferrería para reclamar pensións dignas
Por María López Verdial & Anxo Lourido |
-
A CIG reclama un sistema público de pensións que ofreza garantías
Por Gabriela Varela Asorey | Creada e actualizada
-
Piden que Rajoy priorice en pensións dignas antes que en Defensa: "Que é primeiro? Comer ou tirar balas?"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |