Dous sorteos da ONCE deixan máis de 80.000 euros en Galicia
Dous sorteos da ONCE deixaron máis de 80.000 euros en Meaño e A Guarda durante a xornada do mércores 14, concretamente o Cupón Diario e o 'Súper Once', os dous celebrados diariamente.
Meaño foi unha das localidades afortunadas, cun premio ás cinco cifras do Cupón Diario que deixou 35.000 euros. O boleto para o sorteo do mércores foi vendido, mediante terminal no punto de venda, por Xosé Carlos Culler, que a pesar de non ter fixado Meaño como punto de venda único, si se atopa dentro da súa ruta, segundo informan desde a ONCE.
O Cupón Diario da ONCE ofrece máis dun millón de euros repartidos en 55 premios de 35.000 euros. Ademais, o cliente ten a posibilidade de gañar 'La Paga', un soldo de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, por só 50 céntimos máis. Pero non só o gañador leva premio, xa que os donos dos boletos co número anterior e posterior ao agraciado reciben tamén 500 euros.
Por outra banda, el 'Súper Once' deixou 50.000 euros de premio na Guarda no sorteo do mércores. O vendedor Prudencio González foi o responsable da venda do boleto desde o seu punto habitual na localidade pontevedresa. O cupón, con dez acertos sobre once, está formado por unha matriz de 80 números, dos que o comprador debe elixir entre cinco e once.
Anteriormente á celebración do sorteo, obtense unha combinación gañadora formada por 20 números. Trátase dun xogo moi versátil que ofrece múltiples opcións. Actualmente o 'Súper Once' permite gañar ata dez millóns de euros.