Nenos de Marcón aprenden nocións básicas de primeiros auxilios
Por Redacción
Previr situacións de risco cando están na casa. Ese foi o obxectivo do taller de primeiros auxilios que recibiron os alumnos de quinto de Infantil do colexio de Marcón. Foi impartido polo servizo de Pediatría do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez.
A pediatra Mónica Camaño e a enfermeira Ángeles Teso mostraron nunha diverticharla, con vídeos e cancións, os perigos de xogar con enchufes, pequenos electrodomésticos como o ferro ou a tostadora ou as tesoiras.
Ademais, supervisados pola titora de clase, Rosa Regueira, os nenos realizaron un taller de reanimación cardiopulmonar (RCP) axudados cos seus peluches, no que se lles ensinaron nocións básicas de como axudar a un maior que non pode respirar.
A continuación, practicaron a manobra de reanimación cos seus compañeiros.
"Os nenos non son totalmente conscientes da situación que lles expomos, pero quedan con cousas básicas que son importantes como chamar ao 112 ante calquera problema en casa e iso xa é unha aprendizaxe importante para eles, no que ademais traballamos a responsabilidade e a autonomía", sinalou a pediatra.
Relacionadas:
-
Aprendendo a salvar vidas coas súas propias mans
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Unha guía de primeiros auxilios nas Conversas na Ferrería
Por Marisa Ciordia |
-
Os sanitarios de atención primaria adestran manobras de resucitación
Por Oskar Viéitez |
-
Unha sociedade que salva vidas
Por Oskar Viéitez |
-
Guía de consellos para coidar a saúde dos nenos no verán
Por Redacción |