Unha árbore cae sobre dous coches aparcados na rúa Rafael Areses
Por Redacción
Galicia está este mércores 14 de marzo en nivel de alerta laranxa polo paso da borrasca bautizada como Gisele, e a incidencia do vento fíxose notar durante as primeiras horas da xornada deixando pequenas incidencias na cidade.
A máis destacada produciuse en Rafael Areses debido á caída dunha das árbores situadas na rúa que bordea o río Lérez, unha zona usada habitualmente como aparcadoiro.
A caída desta árbore danou precisamente dous vehículos que se atopaban estacionados no lugar, especialmente a un deles. As tarefas de retirada fixeron que se tivera que cortar o tráfico na zona.
Ademais os Bombeiros de Pontevedra tiveron que intervir en García Camba pola caída dun cartel, unha incidencia que tamén obrigou a cortar a rúa.
Relacionadas:
-
Voa o módulo de salvamento de Montalvo polo temporal
Por Redacción |
-
Cortan o acceso ao paseo da Calzada tras desbordar o Verdugo
Por Redacción |
-
Suspenden as actividades no exterior nos centros educativos por un temporal de vento
Por Oskar Viéitez |
-
O 112 xestiona 264 pequenas incidencias na provincia durante o temporal
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
As primeiras rabexadas do temporal deixan un regueiro de pequenas incidencias
Por Diego Espiño |