San Patricio volve con 'pintas' verdes
Por Sara López Lago
Dende o mércores 14 ata o domingo 18, os amantes da cervexa poderán achegarse ata a Praza de España para gozar de novo desta multitudinaria festa gastronómica organizada polo Mareantes Rugby Club.
O afamado chef Pepe Solla será de novo o encargado de deseñar a tapa típica deste ano, un estupendo "bocadillo de calamares en pan triscante con maionesa de lima e cedeira", que acompañará ás salchichas irlandesas, hamburguesas e doces tradicionais, sen roubarlle importancia á raíña da festa, a cervexa.
Ás xa habituais Guinness "negra", a "roxa" Murphy's e a "rubia" Fosters, se lles suma a cervexa artesana Nasa, elaborada por veciños e patrocinadores, que o sábado servirán unha cervexa verde feita especialmente para homenaxear a San Patricio.
A celebración contará como outros anos con actuacións musicais, esta vez a cargo dos grupos "Coverstone", "La pistola del manco", "Banda Sr Nilsson" e "Desconcierto", ademáis dunha exhibición de bailes modernos, hip-hop e 'modern jazz', a cargo da Escola de Danza "Talento Dance Studio".
A apertura de portas será o mércores ás 13:00 horas e o horario do resto dos días será de 12:00 a 00:00.
Relacionadas:
-
Pontevedra tínguese de verde para celebrar o Día de San Patricio
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- A festa de San Patricio inaugura a súa carpa facendo fronte ao mal tempo
Por Alejandra Iannone |
-
A fin de semana 'pinta' animada no San Patricio
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Un pulpeiro, novo atractivo gastronómico da Festa de San Patricio do Mareantes Rugby Club
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |