Solicitan paralizar a construción dunha senda de formigón na Lanzada
Por Redacción
A solución adoptada para rehabilitar o paseo da Lanzada non contenta á Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo.
Este colectivo considera que construír un paseo de formigón supón "un despropósito" ao tratarse dunha zona de protección ambiental.
A plataforma acusa á conselleira de Insfraestructuras, Ethel Vázquez, e o alcalde, Telmo Martín, de tentar urbanizar esta zona sen ter en conta as leis ambientais existentes tanto a nivel estatal como europeo.
Por todo iso, avanzan, a mesa de traballo PO-308 Seguridade Viaria e Rexeneración Dunar acordaron iniciar accións para tentar preservar a zona.
Desta forma solicitarán a paralización dos traballos de construción da senda no paseo da Lanzada ante a concellería de Medio Ambiente e ante Costas. Ademais, sinala Plataforma Veciñal, presentarán senllas denuncias ante as fiscalías ambientais estatal e europea dada a súa calificación de zona protexida e ao ter subvencionado a reforma con Fondos Feder.
Relacionadas:
-
A Xunta renuncia á madeira para o arranxo da pasarela en Noalla
Por Oskar Viéitez |
-
"Tal cual se ve un tornado en los dibujos animados, pues así fue arrasando"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Unha tromba mariña esnaquiza o paseo da Lanzada e obriga a desaloxar o colexio de Noalla
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada