Animan os veciños de Cuntis a participar na elaboración do orzamento municipal
Por Oskar Viéitez
O alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos, acaba de emitir un bando no que anima aos veciños para participar na elaboración do orzamento municipal.
O goberno local de Cuntis impulsa un ano máis a colboración cidadá a través duns orzamentos participativos para que os veciños e asociacións do municipio presenten as súas propostas de actuación que favorezan o desenvolvemento e dinamización deste territorio.
Para iso dispoñen dunha partida orzamentaria de 50.000 euros con cargo ao Plan Concellos 2018.
Os interesados poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios así como na páxina web do concello. O prazo de presentación das propostas é de 10 días naturais a partir da publicación das bases finalizando o 18 de marzo e farase de forma presencial no rexistro municipal do Concello.