A cría de lobo mariño cinsento "Luis Muxía" prepárase para a súa solta na Illa de Arousa
Por Redacción
Bautizárono co nome de Luís Muxía e é unha cría de lobo mariño cinsento que aparecía nas costas do municipio de Muxía o pasado 17 de febreiro en mal estado de saúde.
Tras pasar días recuperándose na UCI de lobos mariños do establecemento veterinario do CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), en Nigrán, agora foi trasladado ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), dependente da Consellería do Mar. Nun tanque exterior de gran tamaño situado neste centro da Illa de Arousa pasará o próximas tres ou catro semanas ata a recuperación definitiva.
Este exemplar mide 110 centímetros de lonxitude e 28 quilos de peso. Tras a evolución favorable, os veterinarios do CEMMA autorizaron o comezo da segunda fase de recuperación no IGAFA. Durante esta estapa aproveitarase para formar a estudantes en cuestións relacionadas co coidado dos mamíferos mariños e a conciencia ambiental. Luís Muxía será trasladado e liberado, cando estea en perfecto estado, nas augas do Gran Sol.
O IGAFA xa participou na recuperación doutros catro exemplares de crías de lobos mariños nos anos 2013, 2014, 2016 e 2017. Estas colaboracións permiten concienciar medioambientalmente e recuperar a estas especies.