Antón Masa, suma e segue na APDR
Por Oskar Viéitez
Cumprido o prazo establecido a Xunta a Directiva da Asociación pola Defensa da Ría (APDR) celebrou este mércores a súa asemblea xeral ordinaria correspondente ao ano 2013, que tivo lugar na Galería Sargadelos.
Por primeira vez na historia do colectivo ecoloxista, nesta asemblea ordinaria non se renovaron os cargos representativos da asociación, dando cumprimento así á decisión adoptada hai cousa dun ano en asemblea extraordinaria; naquela ocasión, a asemblea de socios decidiu aprobar, por unanimidade, a modificación dos estatutos da APDR no sentido de que a elección da Xunta Directiva se fixera por un período de dous anos.
Así, a orde do día deu conta do balance económico e de actividades do último ano e fixo un repaso da situación actual da súa loita medioambiental na comarca "moi condicionada sen dúbida pola modificación da Lei de Costas", facendo unha proposta de actividades para a período 2013-2014 e os preparativos para a nova Marcha contra Celulosas que ocuparon boa parte da discusión asemblearia.
O presidente del colectivo, Antón Masa, sostén que na APDR son conscientes "das dificultades que esta nova situación vai crear na loita pola recuperación da Ría, moi particularmente na loita pola desaparición do complexo ENCE-ELNOSA do seu actual emprazamento, e da importancia que nesta situación ten a mobilización social".
Por este motivo, desde a APDR, fixeron "un chamamento aos socios para que se impliquen no desenvolvemento daquelas actividades e campañas que se poidan deseñar na mesma".