Aumentan case un 50% as denuncias a ciclistas por infraccións
Por Redacción
A asociación Pedaladas destaca que se incrementaron durante 2017 as denuncias a ciclistas. Unha circunstancia que relaciona co maior uso da bicicleta e tamén con motivo da petición expresa desta asociación a Tráfico para que aumente a vixilancia.
Segundo a Xefatura Provincial de Tráfico, o total de denuncias formuladas a ciclistas ascende a 272, un 49% máis das efectuadas o ano anterior. O principal motivo débese á non utilización de casco (99 denuncias), a circular baixo os efectos de drogas ou de alcol (49 denuncias) ou a utilizar auriculares mentres se realiza un percorrido en bicicleta (35 denuncias).
Desde Pedaladas móstranse en desacordo con que a sanción sexa unicamente recadatoria, pero recoñecen a necesidade de que os ciclistas cumpran coas obrigacións para conducir un vehículo que circula por vías públicas.
Por este motivo, desde este colectivo ciclista agradecen o traballo dos axentes do subsector de tráfico de Pontevedra ao aumentar a vixilancia sobre as condutas máis perigosas no uso da bicicleta, ademais do control que exercen para sancionar os adiantamentos perigosos dos vehículos a usuarios de bicicletas. Con todo, consideran insuficiente que tan só 20 condutores foran sancionados en 2017 por non respectar a distancia lateral de 1,5 metros nos adiantamentos aos ciclistas.
En relación coas sancións a ciclistas, Pedaladas lembra que é obrigatorio o uso de casco en vías interurbanas. En vías urbanas, a obrigatoriedade redúcese aos menores de 16 anos, aínda que se aconsella o seu uso a todos os ciclistas.
As taxas de alcol son as mesmas que para os condutores de vehículos a motor, con iguais sancións económicas, aínda que non leva a retirada de puntos. Sinalan que estes positivos en controis dáse con frecuencia en casos de persoas que perderon a licenza de conducir coches e pasáronse á bicicleta.
A sanción por circular o vehículo de dúas rodas usando auriculares ascende a 200 euros. Tamén é obrigatorio circular con luces tras a posta de sol e se se trata dunha vía interurbana, Tráfico obriga a usar un chaleco reflector.
Relacionadas:
-
Pontevedra limitará a 5 km/h a velocidade das bicicletas e skates por zonas peonís
Por Redacción |
-
Pontevedra celebra este domingo a familiar pedalada popular
-
Pedaladas organiza dúas saídas familiares en bicicleta
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta asumirá as alegacións de Pedaladas para mellorar a senda da Seca a Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE leva ao Parlamento a denuncia de inseguridade viaria na PO-308 e as demandas de Pedaladas
Por Redacción |
-
Políticos e ciclistas acordan demandar á Xunta a mellora da seguridade viaria na estrada N-550
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Organizan un paseo urbano en bicicleta en recordo ás vítimas de accidentes de tráfico
Por Redacción |
-
Pedaladas 'premia' ás administracións pola súa falta de compromiso coa mobilidade activa
Por Redacción |