O goberno de Rajoy manterá o nome do colexio Salvador Moreno a pesar das queixas de En Marea
Por Redacción
O pasado 6 de decembro, a deputada de En Marea, Yolanda Díaz, poñía en cuestión o actual nome do Centro de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria Salvador Moreno. Desde esta formación lembran o pasado do militar, condecorado por Franco e participante no golpe de estado de 1936.
Tras esta petición no Congreso dos Deputados, o goberno de Mariano Rajoy respostou que non considera oportuno cambiar o nome do centro. Sinala que recibiu este nome pola "contribución de Salvador Moreno na Armada e o ensino".
Apoia esta resposta na implicación do militar na localización da Escola Naval Militar e a repercusión económica e social de Marín cando era ministro de Mariña. Sinala tamén que este feito desembocou na construción do hospital e o centro de educación de Pontevedra. Non considera que o nome da escola faga exaltación da sublevación militar, a Ditadura nin a Guerra Civil a través da figura de Salvador Moreno.
Pola súa banda, Marea Pontevedra, insiste no que representa a figura do militar e sinala que sente orgullo pola substitución de nome da rúa Salvador Moreno pola actual Rosalía de Castro.
Relacionadas:
-
Marea esixe a retirada do escudo franquista da porta da Audiencia de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Censuran a Rajoy por unha defensa de Salvador Moreno que o PP ve como "chascarrillo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Un libro de Rosalía, agasallo de Reis para que Rajoy "entenda" por que "un golpista" quedou sen rúa
Por Redacción |
-
O cambio de nome do colexio Salvador Moreno chegará ao Congreso
Por Redacción |
-
Para o BNG é "moi grave" que Rajoy "exalte" a Salvador Moreno
Por Alejandro Espiño |