O Concello atende a petición veciñal e mellora a baixada á praia de Ribeira
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín atendeu a petición veciñal e acondicionou a senda e baixada á praia de Ribeira. Para levar a cabo as obras, o goberno local tivo que pedir unha autorización á Xefatura de Costas que se encargou de executar as melloras xunto co concello marinense que se encargou de obter as cesións dos terreos por parte dos seus respectivos propietarios.
O orzamento rolda os 36.000 euros.
A praia de Ribeira é un pequeno espazo de area e grava situado nas proximidades da praia do Santo e que tiña o acceso cortado polo seu mal estado das súas escaleiras. A senda comunica ambos os extremos deste pequeno areal.
Segundo informou o Concello de Marín, nestes momentos está a negociarse con Costas outras melloras nalgúns enclaves do litoral que se atopan deteriorados.