Os devotos do Nazareno aguantan choiva, vento e frío para pedir as Tres Grazas
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Ao longo de todo este venres, o primeiro do mes de marzo, multitude de devotos fixeron cola ao longo de todo o día para poder entrar na pequena capela da rúa Tetuán para cumprir co rito das Tres Grazas.
Os fieis piden ao Cristo Nazareno que atenda as súas peticións.
Este ano a espera foi máis incómoda por culpa da choiva, o vento e o frío.
Tampouco faltaron á tradicional cita os vendedores de velas e exvotos, nin as rosquilleiras.
Aqueles que non quixeron aguantar esta cola optaron por subir as escaleiras de San Francisco onde tamén se venera unha imaxe do Nazareno.