Sanxenxo reduciu o ano pasado a súa débeda en case un millón e medio de euros
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Facenda, Marcos Guisasola, informou este venres que o Concello de Sanxenxo reduciu a súa débeda durante o ano 2017 en case un millón e medio de euros.
A 31 de decembro de 2017, o municipio ten un déficit nas súas contas que supera os seis millóns e medio de euros.
Guisasola indicou que a liquidez da que dispón o concello, segundo reflicte o remanente de tesourería, superaba a finais do pasado ano os 2,4 millóns de euros.
Ante estes datos o concelleiro tamén apuntou que non descarta posibles modificacións do plan de axuste que está en vigor no municipio dende o ano 2012.
Relacionadas:
-
Sanxenxo presume de saúde económica e asegura que reduciu a débeda de 13,1 a 2,5 millóns en sete anos
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo afrouxa o cinto
Por Redacción |
-
Intervención obriga a retirar do orzamento a subida salarial prevista para 48 traballadores
Por Redacción |
-
Sanxenxo propón unha subida salarial para 48 traballadores municipais
Por Redacción |