RADIO.- Marzo chega con novo programa a PontevedraViva Radio: "Sangre fucsia"
Por Redacción
A oferta en streaming e podcast de PontevedraViva Radio segue crecendo. Se o pasado mes de febreiro estreábase El club de la esquina, o programa musical conducido por Tino Domínguez, neste mes de marzo chega Sangre Fucsia.
Desde a radio online de PontevedraViva, este luns 5 de marzo comézase a redifusión do magazine Sangre Fucsia ás 19.00 horas. É un programa que presentan Doña Pasolina, Lolli DJ, Dianespotting, Gaelx, Reinohueco e Valentina.
Sangre Fucsia comezou as súas emisións no ano 2013 contando "a efervescente realidade cultural e política cunha mirada moi feminista e moi crítica, pero tamén fresca". Todas as súas condutoras eran mulleres que estiveran noutros proxectos radiofónicos e que tiñan ganas de facer algo máis persoal.
"A ningunha nos apetecía nese momento facer un programa de pedagoxía feminista senón falar de temas que nos interesaban aos que, inevitablemente, queríamoslle aplicar unha mirada feminista", explican as súas presentadoras.
Co tempo foron elixindo temas "que nos interesan pero que non están tan pegado á actualidade". Así, o programa ofrece entrevistas, cinema, arte, cómic, literatura, activismo, ciencia ficción, antropoloxía ou historia, "e en ocasións facemos algunha pequena radio ficción".
"Contamos con entrevistas de persoas que saben máis do tema pero non teñen por que ser expertas e ademais nós nos documentamo para devolverlle a información ás oíntes", engaden.
Relacionadas:
-
RADIO.- 'Podcans' suma contidos a PontevedraViva Radio
Por Redacción |
-
RADIO.- Ábrete de orellas con PontevedraViva Radio
Por Redacción |
-
As mulleres do goberno municipal pararán o 8 de marzo
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- PontevedraViva Radio amplía programación con "El club de la esquina"
Por Redacción |
-
PontevedraViva Radio, unha oferta consolidada
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Chega "La transición" a PontevedraViva Radio
Por Redacción |