A Escola de Xadrez precisa libros escolares en inglés para os campos de refuxiados

Por Redacción
Redeaxuda colabora coa Escola de Xadrez de Pontevedra que o vindeiro 21 de marzo volverá á localidade xornada de Azraq nunha nova edición do seu proxecto "Xadrez, estratexia pola paz" para levar o xadrez aos campamentos de refuxiados.
Seguindo as peticións da ONG Unicef, este ano a Escola de Xadrez solicita libros escolares de inglés xa que resulta moi díficil atopalos na zona para a aprendizaxe da segunda lingua.
As persoas interesadas en aportar estes libros de inglés poden facelo entregándoos no acto de presentación da campaña que a Escola de Xadrez de Pontevedra fará no Casino Mercantil o vindeiro día 15 de marzo, ou calquera outro día na Casa Azul en horario de mañá. Se a achega de libros superase o peso que poden trasladar nesta viaxe, os sobrantes serían entregados nun futuro ou doados a outra entidade ou proxecto solidario.
A Escola de Xadrez de Pontevedra (asociación sen ánimo de lucro que traballa dende 2001 desenvolvendo actividades de promoción do xadrez para todas as idades e niveis) iniciou ano 2016, ante a situación actual de Siria e das persoas refuxiadas, o proxecto "Xadrez, estratexia pola paz" coa ilusión de crear unha escola de xadrez no campamento de refuxiados de Azraq, Xordania.
A actividade foi moi ben acollida e desde entón manteñen o contacto realizando formación, entrega de material e asesoramento. O próximo 21 de marzo volverán a Azraq co obxectivo de seguir transmitindo os valores educativos do xadrez e o apoio da cidadanía preocupada pola situación das persoas refuxiadas.
Realizan actividades de xadrez con adultos e nenos nos centros de Acnur e Unicef, polo que, ademais de levar material de xadrez, sempre preguntan a estas ONG por aquelas achegas que lles poden resultar útiles.
Información e contacto: escola@xadrezpontevedra.com ou na Escola de Xadrez de Pontevedra, en Praza Curros Enríquez S/N (edificio do Casino Mercantil e Industrial).
Relacionadas:
-
Ao redor de 700 persoas practicarán o xaque mate esta fin de semana na cidade
Por Paula Sanmartín & Redacción |
-
A semente do xadrez xermina no campo de refuxiados de Azraq
Por Redacción |
-
Xadrez Pontevedra regresa ao campamento de refuxiados sirios Azraq
Por Redacción |
-
A Escola de Xadrez volve a Xordania para axudar a máis de 900 nenos refuxiados
Por Noelia Torres Pintos |
-
RADIO.- Os Premios Cidade de Pontevedra 2017 aúnan futuras accións en PontevedraViva Radio
Por Marisa Ciordia |
-
O psiquiatra Víctor Pedreira e a Escola de Xadrez, premios Cidade de Pontevedra 2017
Por Natalia Puga |