Portos de Galicia anuncia a instalación dun novo pantalán no porto de Campelo
Continúan as accións na dársena de Campelo. Se hai uns meses procedeuse a unha drenaxe de 3.000 metros cúbicos de material para recuperar o calado que se perdeu nos últimos tempos, agora Portos de Galcia pon en marcha un proxecto de novos pantaláns.
O proxecto, como conta José Juan Durán Hermida, presidente de Portos de Galicia, redactouse como consecuencia das peticións das confrarías de pescadores de Pontevedra, que demandaban que se habilitase unha liña de atracada de 42 metros.
En total son 30 as prazas de amarre as que se instalarán, repartidas en catro módulos de pantalán, 24 delas terán unhas dimensións de 6 x 2,6 metros; 5 de 8 x 3,45 metros e a última será de 10 x 3,95 metros.
A estrutura flotante complementarase cuns 'fingers', estruturas perpendiculares que permitirán a subida e baixada das embarcacións. Incrementará, por tanto, a seguridade na zona, ademais de proporcinar abrigo.
Actualmente o proxecto atópase en fase de contratación, cun custo estimado de 50.000 euros, un investimento que o posiciona como unha obra menor. O seu prazo de execución desde o inicio será de aproximadamente 3 meses, e estímase que as obras empezarán durante o verán, polo que se espera que estean terminadas a finais de setembro.
Hermida remarca que nos últimos 4 anos o número de pantaláns na costa galega ven aumentando considerablemente, coa presenza dun total de 1.300 prazas de amarre novas ata finais de 2018.