Javier García gaña o premio de fotografía da muller traballadora do Grove
Por Redacción
Muller preparando a terra. É o nome da imaxe gañadora do VII concurso de fotografía da muller traballadora que convocou o Concello do Grove. O seu autor é o lucense Javier García Núñez.
O concurso contou cunha importante participación xa que foron 85 as fotografías presentadas, que chegaron a O Grove dende distintos lugares de España.
O xurado, conformado por integrantes do Consello Local de Igualdade e profesionais do audiovisual, manifestou a complexidade da decisión.
O primeiro premio está dotado con 300 euros.
Ademais, o segundo premio, de 200 euros, foi para Miguel Planells Saurina, de Girona, quen presentou unha imaxe co título Castañera; e finalmente o terceiro premio de 100 euros é para o sevillano Jesús Pérez Gil, con Grafitera.
O xurado estivo composto por Ana Gondar, Dunia Álvarez, Manuela Domínguez, Sara Abeijón, Maruxa Alfonso e Soledad Rei.
Elas tamén foron as encargadas de preseleccionar 21 das obras presentadas, que formarán parte dunha mostra na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
Os galardóns se entregarán na Gala dos Premios Meca que terá lugar o 10 de marzo ás 19.00 horas na Casa da Cultura.