O Concello e a Xunta avanzan no proxecto do centro de día de Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis e o Consorcio de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia avanzaron este martes na posta en marcha do centro de día do municipio, para o que asinarán un convenio de colaboración.
En función dese acordo, o consorcio comprométese a destinar 90.000 euros para o equipamento do centro e o Concello aportará 35.000 euros para obras de reparación do tellado, cartos que serán reitregados na primeira liquidación que se efectúe por parte deste ente público autonómico.
Os avances déronse nunha reunión mantida este martes en Santiago de Compostela entre o alcalde de Cuntis, Manuel Campos; a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Campos; e o xerente do consorcio, Perfecto Rodriguez.
Ao remate da reunión, o Concello deu a coñecer que se compremete a proceder ao adecentamento do acceso ao centro e a mellorar a superficie exterior para aparcamento. O Concello pagará por usuario empadroado en base ao convenio subscrito entre a consellería e a Fegamp
Con este acordo darase un paso definitivo para a apertura do centro neste ano 2018. Na actualidade, está en proceso de licitación a contratación por parte do consorcio da asistencia diurna para o centro,
A apertura do centro de día foi unha prioridade para o grupo de goberno e este martes o alcalde destacou que seguen a cumprir a folla de ruta marcada dende o primeiro momento. Agradece ao xerente do consorcio a actitude positiva para a apertura deste servizo esencial para os veciños de Cuntis .
Relacionadas:
-
A apertura do centro de día de Cuntis, un pouco máis preto
Por Redacción |
-
Entidades ou empresas poderán xestionar os centros de día de Cuntis e Cambados
Por Redacción |
-
Licitan o contrato asistencial para o centro de día de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis confía en que a Xunta abra o centro de día no 2018
Por Redacción |
-
O centro de día de Cuntis abrirá cando estean finalizados os servizos pendentes
Por Redacción |
-
Firme compromiso para poñer en marcha o centro de día de Cuntis
Por Redacción |