Combarro di adeus ao seu mexillón cun animado enterro
O Entroido de Poio, o máis longo da comarca, encara a súa recta final. Fíxoo co tradicional Enterro do Mexillón que, un ano máis, celebrouse en Combarro.
Centos de persoas participaron no desfile acompañando ao defunto que, posteriormente, foi incinerado na Praza da Chousa. E todo iso baixo unha mañá asollada que animou a que se rexistrase unha gran asistencia de público.
A comitiva percorreu o paseo marítimo, acompañado de varias das comparsas do municipio como o grupo de entroido de Samieira e as comparsas Os 100 Tolos e Os Canecos.
A asociación Ateneo Corredoira é a organizadora do Enterro do Mexillón, coa colaboración do Concello de Poio.
Combarro enterra o seu mexillón
Centos de persoas participaron no desfile acompañando ao defunto que, posteriormente, foi incinerado na Praza da Chousa. E todo iso baixo unha mañá asollada que animou a que se rexistrase unha gran asistencia de público
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
O enterro do Galo Fodorico pecha o longo Entroido de Poio
Por Redacción |
-
"Chova ou vente" o domingo queimarán ao Galo Fodorico
Por Oskar Viéitez |
-
Samieira despide o símbolo do seu Entroido: o Galo Bruxo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O mal tempo dá unha tregua e permite o gran desfile de Entroido de Poio
Por Diego Torrado & Redacción | Creada e actualizada
-
RADIO.- "Comparsa, caras riseiras e a pasalo ben!"
Por Marisa Ciordia |
-
O Entroido de Poio, de novo o máis longo da comarca: do 9 de febreiro ao 10 de marzo
Por Alejandro Espiño |