Vilanova de Arousa celebra a súa IV Mostra da Camelia
Por David Arana
Vilanova de Arousa acollerá por cuarto ano consecutivo a mostra floral centrada ao redor da camelia en colaboración coa Sociedade Española da Camelia e a Deputación de Pontevedra, que se celebrará os días 3 e 4 de marzo no Pavillón Multiusos de Vilanova.
Este ano a organización planeou diferentes actividades durante a programación, que están destinadas a todos os participantes nesta festa, entre as que se atopa unha viaxe en catamarán pola ría. O horario nestas xornadas será o seguinte:
9:00h. Apertura de portas para os expositores. Obsequio de rosca e chocolate para os expositores.
13:00h. Inauguración da mostra.
13:45h. Entrega de diplomas e agasallos ós participantes.
13:50h. Actuación do grupo de danza da Asocación O Castro.
14:15h. Pincho e un viño galego.
16:00h. Saída en catamarán pola ría.
Aqueles que desexen inscribirse na mostra deberán facelo chamando ao número 986 554 945 ou enviando un correo electrónico á dirección de e-mail anacarballa_vilanova@hotmail.com.