Fomento estuda que os traballadores teñan viaxes de balde na AP-9 entre Pontevedra e Vigo
Por Redacción
O Ministerio de Fomento está "pechando" que os usuarios da AP-9 Vigo-Pontevedra que por motivos laborais teñan que utilizar a autoestrada non se vexan obrigados a pagar a peaxe no retorno ao seu domicilio.
Así o anunciou en Porriño a ministra de Fomento, Ana Pastor, nunha visita ao centro tecnolóxico Aimen.
A ministra recordou que ela mesma tivo ocupacións laborais durante unha época en Vigo e que se viu obrigada a pagar estas peaxes.
"Estamos traballando para que os traballadores poidan ter, cando menos, o retorno gratis", comentou.
Pastor asegurou que, debido á campaña electoral en Galicia, non pode dar máis explicacións respecto de esta medida.