A Deputación organiza as rutas gratuítas "Camelias e xardíns históricos"
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra oferta en marzo cinco rutas gratuítas para coñecer o patrimonio cultural e natural da provincia, dende Terra de Montes ata o Ulla-Umia, Pontevedra, Vigo e O Salnés.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer en rolda de prensa estas rutas denominadas "Camelias e Xardíns históricos", unha novidosa forma de achegarse ao patrimonio histórico e natural da provincia de Pontevedra. Estas rutas están enmarcadas na campaña de promoción turística "Somos historias", escollida pola institución provincial para dar a coñecer a provincia ao longo do 2018, Ano Europeo do Patrimonio.
As cinco rutas se desenvolverán os días 10 e 17 de marzo, con autobuses con saída desde Pontevedra e Vigo.
A primeira das rutas, denominada "Camelias con lenda", terá lugar o 10 de marzo e trasladará ás persoas participantes ata o Castelo de Soutomaior e o Pazo de Lourizán.
Ese mesmo día terá lugar a segunda das rutas, "Camelias e viñedos", que percorrerá o Pazo Quinteiro da Cruz e o de Rubiáns. Amais, tamén o 10 de marzo, desenvolverase a terceira ruta, denominada "Camelias e Paseos" que levará ás persoas interesadas ata Caldas de Reis, Pontevedra e o Pazo de Gandarón.
O día 17 de marzo continuarán as rutas, coa cuarta, baixo o nome de "Camelias urbanas", que percorrerá o pazo Quiñones de León e o parque do Castro, e o último dos percorridos, denominado "Camelias románticas" levará ás persoas participantes ata o pazo de Oca para contemplar os seus exemplares de camelias.
As persoas interesadas en participar nas rutas deben enviar un e-mail a visitasguiadas@depo.es cunha solicitude na que se especifique o itinerario seleccionado, o número de persoas e o lugar de saída (Pontevedra ou Vigo). O prazo de inscrición para participar nas rutas "Camelias e Xardíns Históricos" abrirase o próximo luns, 26 de febreiro.
GRAN FESTA DO TURISMO PROVINCIAL
Ademais, a Deputación de Pontevedra celebrará o vindeiro mércores en Vigo a Gala de turismo, a "gran festa do turismo provincial".
Terá lugar no Auditorio Mar de Vigo e será o punto de arranque da campaña turística do destino Pontevedra Provincia que este ano se presentará en Madrid, Barcelona e Portugal.
Durante o evento, "moi novidoso e cheo de sorpresas" entregaranse os distintivos de calidade turística ás 151 empresas e entidades que os conseguiron en 2017.
Relacionadas:
-
A Deputación promociona a ruta da camelia cunha visita guiada ao castelo de Soutomaior
Por Redacción |
-
Un escaparate photocall na Michelena achega a camelia ao centro urbano
Por Almu Dapena & Victoria Regueira |
-
A Deputación promociona os recursos patrimoniais de Pontevedra ante o público portugués
Por Redacción |
-
"Madrugas, Pedro?", unha nova ruta que segue as pegadas de Pedro Álvarez de Sotomayor
Por Oskar Viéitez |
-
A promoción turística da provincia desembarca en Madrid da man de Carmela Silva e Xabier Fortes
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Un menú con sabor a camelia pecha o proxecto de innovación do CIFP Carlos Oroza
-
A camelia, protagonista en Vilagarcía no LIV Concurso Exposición Internacional
Por Redacción |
-
Sanxenxo superou o novecentas mil pernoitas hostaleiras en 2017
Por Redacción |
-
A Deputación constitúe a Mesa do Turismo con representantes do sector público e privado
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Vilanova de Arousa celebra a súa IV Mostra da Camelia
Por David Arana |