Marín prepara unha nova concesión para a piscina municipal
Por Oskar Viéitez
Tras aprobarse unha prórroga forzosa da concesión de servizos de xestión da piscina municipal de Marín no último pleno, que durará ata que exista a nova adxudicación en base aos novos pregos de condicións, este xoves 22 de febreiro celebrarase a comisión extraordinaria informativa de deportes para ditaminar a proposta de aprobación do expediente de contratación para a adxudicación dunha nova concesión.
Asegurada a continuidade do servizo con esta prórroga temporal, o novo expediente permitirá que o servizo poida ser xestionado novamente. Un servizo que na actualidade, e tras doce anos de concesión e un máis en concepto de prórroga, está a prestar a empresa Serviocio SL e que utilizan ao redor dos 900 abonados.
Ademais, nos próximos días a contorna da instalación será mellorada, entre outros, coa ampliación do número de prazas de aparcadoiro.
Unha vez ditaminada a proposta, que conta cos informes xurídico e económico preceptivos e que son favorables, todo quedará listo para sometelo a consideración do pleno da corporación e posteriormente a súa publicación nos correspondentes diarios oficiais.
Relacionadas:
-
Marín dá os últimos pasos para as concesións do bar de Portocelo e a xestión da piscina municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Marín aproba en pleno os pregos que regulan a nova concesión da piscina municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Marín non remunicipalizará a piscina e sacará unha nova concesión
Por Redacción |
-
Marea de Marín quere que o Concello xestione a piscina municipal
Por Redacción |
-
Marín contratará a reforma do acceso á piscina por 142.000 euros
Por Redacción |