O Casino Mercantil organiza un cocido solidario para apoiar á Liga Reumatolóxica Galega
Para dar a coñecer a Liga Reumatolóxica Galega ( LRG), o Casino Mercantil organizou unha comida benéfica. Trátase do primeiro cocido solidario a favor das persoas con afeccións reumáticas e musculoesqueléticas. Celebrarase na sede do Casino Mercantil na praza de Curros Enríquez, o día 10 de marzo ás 14:00 horas.
O menú estará composto por un primeiro prato de sopa de cocido, un segundo de cocido galego e, para finalizar, torta de Santiago. O seu prezo será de 25 euros, dos cales 5 serán doados á Liga Reumatolóxica Galega para colaborar nos seus programas sociosanitario.
Para acudir á comida será necesario reservar sitio nos seus teléfonos 986 851 670 / 626 324 568, ou no seu correo electrónico info@mercantilpontevedra.es.
O Casino Mercantil tamén abrirá as súas portas á LRG para impartir charlas e acoller eventos relacionados con estas enfermidades, dando a coñecer os labores da organización. O público poderá unirse ás súas campañas de sensibilización, tanto na rúa como nas Administracións públicas e privadas.