A Deputación cede a "Buscavivenda" o uso dunha nova oficina no viveiro de empresas de Barro
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou este martes a cesión dunha oficina de 18 metros cadrados do viveiro de empresas de Barro a unha nova empresa de servizos da propiedade inmobiliaria.
A comisión de seguimento do viveiro, que estivo presidida polo deputado, Carlos López Font e a deputada Eva Vilaverde, e que contou coa presenza do alcalde Barro, Xosé Manuel Abraldes, aprobou esta nova incorporación, ademais da prórroga da ocupación de tres naves e dúas oficinas de 25 metros cadrados.
A comisión aprobou a cesión dun espazo á empresa Buscavivenda SL, dunha oficina de 18 metros cadrados e as prórrogas de ocupación doutra oficina e dunha nave para Eurotec Inspección S.L. e das naves das empresas de Jose Manuel Camba e Jesús Manuel Moreira, e a oficina de Juan Aurelio Padín.
Segundo informou o deputado, Carlos López Font, neste intre a ocupación do viveiro de empresas é dun cen por cen nas naves e do oitenta e tres por cento das oficinas. De feito, só quedan dispoñibles tres oficinas de 18 metros cadrados e unha de vintecinco metros cadrados.
Tamén están dispoñibles tres espazos de coworking de trinta e sete metros cadrados. Incluso unha das empresas que ten en concesión unha oficina de 25 metros cadrados está en lista de espera para optar a algunha das naves en caso de quedar libre.
O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. Nel tamén están instalados os servizos de SmartPeme da comarca.
Relacionadas:
-
Vinte proxectos emprendedores participarán na segunda edición do coworking de Barro
Por Redacción |
-
Remata a primeira edición do coworking de Barro
Por Redacción |
-
O viveiro de Barro, a un 10% de quedar totalmente ocupado
Por Redacción |
-
A Deputación inaugura a primeira edición do coworking de Barro e o novo Depo FabLab
Por Redacción |