Forte operativo de tráfico con restricións de estacionamentos e rúas pechadas polo Dúatlon
Por Redacción
O Campionato de España Dúatlon que se vai celebrar en Pontevedra os vindeiros sábado 27 e domingo 28 de abril implica un forte operativo de tráfico con restricións de estacionamentos e rúas pechadas ao tráfico.
Segundo informa Policía Local, a nova edición do Campionato de España de Dúatlon é unha proba que pola súa dimensión, fai necesario dispoñer dun operativo especial de tráfico que comeza a aplicarse xa este martes día 23.
Co fin de ter informados aos veciños que se verán afectados directamente pola celebración deste evento deportivo, o Concello de Pontevedra está a repartir carteis informativos cos horarios e información de interese de mobilidade.
Para mellorar a mobilidade e facilitar a organización do operativo de tráfico, a Policía Local dividiu a zona afectada (no Norte e Leste da cidade) en cinco sectores.
As restriccións afectarán entre as 11.00 e as 21.30 horas do sábado e das 8.00 ás 15.00 horas do domingo. Fora dos horarios de competición as rúas quedan abertas a circulación, pero en toda a fin de semana non ser poderá estacionar na rúa nas zonas sinaladas como reservadas.
O operativo afectará ás seguientes rúas: avenida de Bos Aires (entre a ponte de Santiago e Monte Porreiro), Enxeñeiro Rafael Areses, avenida de Compostela, Padre Fernando Olmedo, Padre Gaite, Xosé Malvar (no tramo entre a ponte dos Tirantes e rúa da Seca). O domingo tamén afectará á estrada N-550 ata a intersección coa PO-225 (enlace coa estrada de Vilagarcía), Celso Emilio Ferreiro e o campus universitario.
Relacionadas:
-
Sabes onde aparcar e por onde circular durante o Campionato de Dúatlon?
Por Redacción |
-
Todo listo para o Campionato de España de Dúatlon: "en Pontevedra estarán os mellores duatletas españois"
Por Diego Espiño |
-
Pecha a inscrición para o Campionato de España de Dúatlon con 748 deportistas anotados
Por Diego Espiño |