Máis dun milleiro de persoas participan no desfile central do Entroido na Lama

Por Redacción

© Concello da Lama

© Concello da Lama

© Concello da Lama
O desfile no municipio da Lama durante a tarde deste sábado 17 de febreiro rompeu todas as previsións. Segundo a organización, máis de 1.200 participantes desfilaron pola ruta establecida ofrecendo un espectáculo de colorido.
Tamén miles de persoas achegáronse para contemplar este desfile central aproveitando a xornada con boas condicións meteorolóxicas. Tras o percorrido, os participantes gozaron de chocolate e rosca na carpa instalada na Alameda.
Os premios foron os seguintes
- COMPARSAS
1. Raíña do Entroido da Lama. Comparsa Amoriños de Bora
2. Os 100 tolos
3. Os Solfamidas
- GRUPOS VISITANTES
1. As Marchosas de Arcade
2. Imos á praia anos 20 de Samieira (Poio)
3. A Semente de Salcedo.
- GRUPOS LOCAIS
1. Os marabillosos anos de Ponte Caldelas
2. Borracheira de Amor, de A Lama
3. Recordando vellos tempos en Galicia. ANPA de A Lama
- INDIVIDUAL/PARELLAS
1. La niña del exorcista
2. O Rápido de Caritel
3. A Familia Ketchup
A agrupación infantil premiada foi Feitas para voar, de Fornelos de Montes.
Desfile central do Entroido na Lama 2018
Máis dun milleiro de persoas participan no percorrido celebrado este sábado 17 de febreiro
© Concello da Lama