Piden investimentos para a mellora dos petróglifos de Lourizán e Verducido
Por Redacción
A asociación Umia Vivo lamenta que os partidos con representación no pleno de Pontevedra non teñan tido en conta as alegacións que este colectivo presentou ao orzamento de 2018. Umia Vivo solicitaba unha partida para traballos de sinalización e roza da maleza dos elementos do patrimonio arqueolóxico para evitar que resultaran danados pola maquinaria durante a execución de traballos forestais.
Segundo este colectivo, Pontevedra conta con 83 elementos de patrimonio arqueolóxico inventariados pola Consellería de Cultura. Umia Vivo amosa a súa preocupación porque non se lle preste atención ao patrimonio ameazado mentres se aproban investimentos para un parque forestal na Fracha por un valor de 325.000 euros.
Tamén denuncian a desactivación da páxina web tesourosdotempo.pontevedra.eu, que foi creada en 2014 para recoller todos os elementos catalogados no municipio.
Esta agrupación denuncia o estado de abandono que sofren algunhas destas obras como é o caso do petróglifo de Carballeira, situado na parroquia de Lourizán, e do petróglifo de Loural, en Verducido, que carece de sinalización algunha.
Relacionadas:
-
Lamentan o desprezo do Concello e da Xunta ante o deterioro que presenta a ponte de Portugalete
Por Redacción |
-
Piden a limpeza das zonas de petróglifos en Vilagarcía
Por Redacción |
-
O PP esixe un plan de investimentos para a parroquia de Verducido
Por Redacción |
-
Denuncian o "desleixo" das administracións cos petróglifos de Barro
Por Redacción |