Un programa preventivo do cancro axudou a diagnosticar a 39 novos pacientes
Desde o Servizo de Aparato Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, sinalaron que o cancro colorrectal é o tipo de tumor máis frecuente nos países desenvolvidos, despois do de pulmón nos homes e o de mama no caso das mulleres. Non adoita causar molestia ata que se atopa nunha fase moi avanzada. Algúns dos síntomas máis recoñecibles son o sangrado do recto ou cambios continuados no hábito intestinal.
Co obxectivo de previr cada vez máis a aparición desde tipo de cancro, o Programa de Detección Precoz de Cancro Colorrectal dos hospitais públicos de Pontevedra e O Salnés, amplía ao longo deste mes a súa cobertura preventiva aos concellos da comarca do Umia, Campolameiro, Cotobade, Cerdedo, Forcarei e Soutelo de Montes. Desde o inicio deste Programa en maio de 2016, diagnosticáronse 39 pacientes con cancro e 921 pacientes con lesións premalignas, que foron extirpadas durante a colonoscopia.
A eficacia preventiva destas iniciativas pode diminuír a mortalidade ata nun 35%, segundo a Consellería de Sanidade. Por este motivo aqueles que encaixan dentro do perfil do programa son convidados por carta a participar no estudo. Tras a súa aceptación e a análise, se os resultados foran positivos o centro de saúde faría unha colonoscopia. Unha vez feita a proba os pacientes clasifícanse segundo risco baixo, intermedio ou alto.
Algúns dos hábitos preventivos aconsellados polos profesionais pasan pola inclusión na nosa dieta de froita e verdura, facer deporte, evitar o tabaco e o consumo excesivo de bebidas alcohólicas.
Relacionadas:
-
750 pacientes son atendidos cada ano na Unidade de Tabaquismo do Complexo Hospitalario
Por Redacción |
-
A asociación contra o cancro e o CHOP potenciarán a atención aos doentes hospitalizados
Por Oskar Viéitez |
-
O programa de detección precoz do cancro de mama explorou o pasado ano a 4.903 mulleres da Boa Vila
Por Redacción |
-
Pontevedra álzase contra o cancro e pide ao Goberno sensibilidade cos enfermos que quedan sen recursos
Por Gabriela Varela Asorey & David Arana |
-
A Asociación de Cancro de Mama estrea sede en Pontevedra: a Casa Azul
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |