Marín perde unha árbore emblemática
O piñeiro mexicano Ocote, coñecido como Pinus Patula que, dende hai moito, se atopa na alameda de Marín, será derrubado proximamente por motivos de saude e seguridade pública.
Os especialistas arbóreos que foron consultados pola concellería de Medio Ambiente do Concello, chegan a conclusión de que "o piñeiro atópase moi deteriorado e o seu estado sanitario aconsella o derrubado do exemplar para evitar a caída de ramas ou ata da árbore completa sobre os viandantes".
Esta árbore xa recibiu actuacións de poda sanitaria en varias ocasións durante os últimos anos co obxectivo de eliminar pólas mortas ou en perigo de desprendemento, sempre coa esperanza de conseguir revitalizar o exemplar, pero estes tratamentos non xorderon efecto.
Pese a próxima eliminación de este exemplar, pódense observar outras árbores desta mesma especie en Lago de Castiñeiras, na Avenida de Gagos de Mendoza, na Finca de Cadro ou na estrada que sube dende Cadro ata Castiñeiras.
O estudo realizado dos piñeiros, así como dos riscos que presentan, levouse a cabo en duas fases, iniciando a primeira en xullo de 2017, cando a enfermidade comezaba a manifestarse. Con ela se lle diagnosticou ao piñeiro a praga Fusarium cicinatum, tamén chamada Chancro resinoso. Na actualidade moitas especies de coníferas son afectadas pola mesma e está considerada a patoloxía máis extendida nestas especies.
O tratamento curativo non existe e iso leva a centrar os esforzos no tratamento preventivo.
Precisamente por esta falta de solución, para evitar danos persoais e da contorna, xa que sua ubicación está inmediata á zona de terrazas, decidiuse o seu derrube, que foi apoiado por un informe que valora como alto o risco de fallo estrutural.