Conclúen con éxito as probas das aboias virtuais na Ría
Tras meses de probas, completouse con éxito o proxecto piloto elaborado pola Comisión de estudio para la ordenación de la navegación en la Ría de Pontevedra. Nel implantouse provisionalmente un sistema de aboias virtuais na Ría de Marín como medida complementaria de seguridade aos faros e balizas físicos xa existentes.
Situadas en puntos estratéxicos, estes sinais marcan a entrada e saída para a navegación e pódense visualizar grazas aos sistemas electrónicos dos barcos. Ditas localizacións foron consultadas aos propios usuarios a través de enquisas, que axudaron a concretar, entre outros puntos, o número de aboias, a idoneidade das localizacións e o recibimento do sinal.
A comisión técnica reuniuse este xoves para avaliar o proxecto, e estivo presidida por José Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra. Entre os seus participantes atópanse a AP, Capitanía Marítima de Vigo, Distrito Marítimo de Marín ou a Escola Naval Militar. O balance conclúe que a experiencia se avaliou como positiva polos seus usuarios, que comprendían buques mercantes, pesqueiros ou embarcacións das diferentes administracións.
Unha vez probado e avaliado positivamente, o sistema está listo para aplicarse noutros portos españois.