Os xubilados saen á rúa para loitar polas súas pensións
Por Redacción
Este xoves día 15, a Subdelegación do Goberno de Pontevedra enchíase de manifestantes que saíron á rúa para loitar polo futuro das pensións.
Os órganos convocantes da manifestación, UGT e CC. OO., atopáronse representados por Ramón Vidal e José Ramón Piñeiro, secretarios comarcais destes sindicatos.
Os asistentes cualifican de "vergoñoso" o envío das cartas onde se lles informaba da subida dun 0,25% nas súas pensións. Ven un malgaste no diñeiro investido nesa acción "contándolles esa mentira aos pensionistas".
Un dos asistentes estreaba a súa xubilación participando na manifestación, co fin de combater a incerteza do actual sistema público de pensións. Apunta que a media das pensións en Galicia é de 780 euros e que esta non pode actualizarse coa subida do 0,25%. Tamén sinala a dependencia das persoas maiores a coidados profesionais, o cal se ve afectado pola perda do 20% no poder adquisitivo. No seu caso, conta cun fillo vivindo en casa, que depende economicamente da súa pensión e da da súa muller.
Representantes dos manifestantes facía referencia á situación na que se atopan máis de 650.000 persoas en España, cuxas pensións non chegan aos 600 euros mensuais. Animan os mozos a velar polo seu futuro e combater a corrupción do actual goberno que nos está levando á ruína".
Relacionadas:
-
Os pensionistas avisan a Rajoy: "Somos os de maio do 68. Nin un paso atrás"
Por Anxo Lourido |
-
A CIG convoca os xubilados a unha protesta na Ferrería para reclamar pensións dignas
Por María López Verdial & Anxo Lourido |
-
Os pontevedreses alzan a voz por unhas pensións dignas
Por David Arana & María López Verdial |