Marín, Sanxenxo e Caldas incorporan desfibriladores para mellorar as súa resposta ante unha emerxencia
Por Redacción
Marín, Sanxenxo e Caldas de Reis son tres das localidades pontevedresas que se beneficiaron da repartición dun total de 157 desfibriladores entre corpos de bombeiros comarcais, GES e Protección Civil que acaba de facer a Xunta de Galicia no marco da súa aposta continua por reforzar a resposta ante posibles emerxencias que poidan ocorrer en calquera punto da comunidade.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregaron na sede da Academia Galega de Seguridade Pública este novo equipamento aos representantes municipais e os efectivos dos distintos corpos de emerxencias, co fin de que os concellos galegos poidan contar cos mellores equipos de resposta ante unha emerxencia.
Entre as persoas que recolleron o material e asinaron o convenio correspondente estaban a alcaldesa de Marín, María Ramallo; o responsable da agrupación de Protección Civil de Caldas, José Sieiro; e o tenente de alcalde e o xefe do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo, Gonzalo Pita e Toño Folgada.
Rueda fixo fincapé na importancia da cooperación, colaboración e coordinación nun eido tan importante como son as emerxencias, que redunda directamente na seguridade e no benestar dos cidadáns, polo que reiterou a necesidade de seguir sumando na aposta dunha xestión conxunta neste eido; mentres que Jesús Vázquez Almuiña remarcou que Galicia foi pioneira en España no desenvolvemento de estratexias de cardioprotección e lidera dentro de España a formación de nenos en primeiros auxilios.
Os equipos entregados foron desfibriladores externos semiautomáticos e, nada máis recollelo, José Sieiro valoró que se trata de un bien necesario na actividade de Protección Civil de Caldas para mellorar a atención ante eventos deportivos, concentracións ou festivais (en referencia a PortAmérica) e tamén na asistencia aos peregrinos que fan o Camiño de Santiago que pasa polo municpio.
Por outra banda, o Concello de Cerdedo-Cotobade acollerá o vindeiro sábado 17 de febreiro unhas Xornadas de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) e utilización do desfibrilador. Están abertas a toda a cidadanía, aínda que especialmente ao persoal de primeira asistencia.