Entidades ou empresas poderán xestionar os centros de día de Cuntis e Cambados
Por Redacción
A Xunta de Galicia decidiu abrir a todas ás entidades e empresas a xestión dos centros de día que se abrirán nos concellos de Cambados e Cuntis, tras quedar deserta a súa primeira licitación.
O anterior proceso estaba reservado a centros especiais de emprego -aqueles que teñen a lo menos un 70% de discapacitados no seu persoal-. Non se presentaron ofertas.
O novo proceso de licitación deberá ser publicado novamente no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial da Unión Europea, abríndose outra vez, polo tanto, os prazos de presentación.
Así as cousas, a entrada en funcionamento dos novos centros de día de Cambados e Cuntis quedará a expensas do resultado desta nova licitación.
Cando os centros de Cambados e Cuntis estean operativos, a oferta autonómica para a atención aos maiores aumentará en 80 prazas de centro de día (40 en Cambados e 40 en Cuntis).