O loro Ravachol vístese de árbore de Nadal e aconsella a Lores que deixe de ser "aforrica"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Tarde despexada para que Ravachol chegase ata a botica de Perfecto Feijoo situada este ano nas proximidades do santuario da Virxe Peregrina. Decenas de persoas seguiron o proceso de vestimenta do loro ata converterse en árbore de Nadal, toda unha crítica ao goberno de Fernández Lores pola escaseza de iluminación durante as pasadas festas.
María Simal, integrante de Irmandade de Ravachol, foi a encargada un ano máis de ler as causas que levaron á elección do disfrace do personaxe máis emblemático do Entroido pontevedrés.
Así expresou que o loro chegaba disposto a iluminar este entroido con toda a luz que faltou durante o Nadal. Indicou tamén que chega "dando quente" nestes días de friaxe coa idea de solucionar os graves problemas que se padeceron na cidade durante o mes de decembro debido a un "alcalde aforrica".
A Irmandade do Ravachol invitou a todos os asistentes a gozar neste Entroido para encher a cidade de ledicia, festa e diversión. María Simal concluíu a súa intervención lembrando ao alcalde: "Lores, Lores... o barato sae caro. Xa estou eiqui... o loro, xa chegou Ravachol". Na zona atopábase a concelleira de Festas, Carme da Silva, que tomou con moito humor a crítica.
Este personaxe que falecía un luns de Entroido, o 27 de xaneiro de 1913, presidirá ao longo da semana os principais actos destas festas na cidade como as semifinais e final do concurso de murgas no Pazo da Cultura, que se inicia este luns.
O sábado 17, se ninguén o remedia, o coñecido loro falecerá e será enterrado na Praza da Ferrería nun día de loito festivo para Pontevedra.
Relacionadas:
-
A árbore de Nadal da Ferrería ten moi boa pinta
Por Oskar Viéitez |
-
Xogos populares para recuperar aqueles anos nos que vivía Ravachol
Por Redacción & Diego Torrado |
-
'Equipo Ja', 'Val do Lérez', 'PTV', 'Leña Verde' e 'Jana de Leria', na final das Murgas 2018
Por Diego Torrado & Redacción |
-
As choivas desaparecerán o sábado para permitir o Enterro do Ravachol
Por Noelia Torres Pintos |
-
Primeira eliminatoria do Concurso de Murgas, irreverencia e un Pazo ateigado
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Oito agrupacións disputaranse o XXVII Concurso de Murgas
Por Redacción |
-
RADIO.- Os do Val do Lérez poñen banda sonora á Playlist
Por Marisa Ciordia |
-
Es quen de atopar o loro Ravachol no cartel da programación do Entroido 2018?
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |