Non perdas detalle das máis de tres horas do desfile de Entroido 2018
Por Diego Torrado
Os pontevedreses e visitantes que este sábado desprazáronse ás rúas polas que pasa o tradicional desfile de Entroido puideron gozar de tres horas de percorrido de disfraces individuais ou en parella, grupos, comparsas e fachas que, seguindo o espírito da festa, animaron ao público e o resto de participantes cun ambiente de alegría e compadreo, sen faltar a dose de crítica política e a mirada á actualidade local e nacional.
Miles de persoas asistiron como público e moi numerosa foi igualmente a cantidade de participantes a maioría dos cales se deron cita ao seu termo na praza da Ferrería para participar na habitual festa de Entroido e coñecer de primeira man quienés foron os gañadores deste 2018.
PontevedraViva publicará entre este sábado e este domingo un conxunto de galerías fotográficas con todas as imaxes que deixou o desfile.
A programación do Entroido pontevedrés non fixo máis que empezar e queda por diante unha semana completa de actos. Todos poden consultarse nesta ligazón.
Relacionadas:
-
A APDR critica que ENCE usou o desfile de Entroido como "instrumento de propaganda"
Por Redacción |
-
... E toma nota de quen levou os premios
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O desfile de Entroido, en imaxes 3
Por Diego Torrado |
-
O desfile de Entroido, en imaxes 5
Por Diego Torrado |
-
O desfile de Entroido, en imaxes 2
Por Diego Torrado |