A arte, nexo de unión entre os escolares das Doroteas
O colexio Doroteas celebra un ano máis a súa semana cultural do 5 ao 9 de febreiro. Baixo o título 'A arte que nos une', estos son uns días centrados en incentivar e explotar a parte creativa dos estudantes do centro, dende os máis pequenos ata alumnos de secundaria.
O centro abre as súas portas ás familias para que poidan comprobar os resultados do traballo e o esforzo dos nenos. Ademáis engadirán obradoiros para que poidan disfrutalo con eles.
Entre a súa programación destacan as exposicións e as representacións, que terán lugar, tal e como se indica no seu calendario, a partir das cinco da tarde.
Comezando cos máis pequenos, en infantil, destacan os obradoiros de manualidades, máscaras e títeres.
Pasando á educación primaria, o luns 5 de febreiro sucedéronse diferentes representacións polos alumnos de 3º e 4º de primaria, como unha exposición dramatizada, unha función teatral ou o recital do poema 'Coplas por unha Galicia verde'. O martes 6 de febreiro leváronse a cabo outras representacións polos escolares de 1º e 2º, que abarcaron eidos artísticos como poden ser a música, a pintura ou a poesía.
Este mércores 7 de febreiro serán presentadas, entre outras actividades, as obras de teatro 'A arte que nos une', 'As dificultades de ser neno' e 'Máis dificultades de ser neno', todas elas dos cursos 5º e 6º de primaria.
En educación secundaria predominan as exposicións sobre as presentacións. Moitas destas exposicións son sobre temas residentes nas diversas asignaturas que se imparten, como son lingua galega, matemáticas, lingua inglesa, educación plástica... As representacións abordan materias como a música e a educación física. Todas elas terán lugar o xoves 8 de febreiro.
Para maior información sobre o calendario de actividades basta con acceder á páxina web do centro www.colegiodoroteaspontevedra.com, onde se pode consultar o programa completo da semana cultural.