Prosagal pide prisión para o presidente e a secretaria da xunta de persoal do CHOP por usurpación de cargos
Por Anxo Lourido
A guerra sindical na xunta de persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra continúa. Este martes, Carolina Iñarrea encabezando a un equipo de representantes de Prosagal confirmaba que denunciaron por vía administrativa á xunta de persoal por aprobar un regulamento no que, entre outras cuestións, se evita a presenza de traballadores nas asembleas da xunta de persoal e, segundo expoñen, limítase a capacidade do sindicato maioritario, que neste caso é Prosagal, dificultando a posibilidade de solicitar reunións extraordinarias ou na solicitude de destitucións de cargos.
Este sindicato entende que non se deron os pasos legais para que estes dous representantes sindicais ocupasen estes postos na Xunta de Persoal. Neste caso, o delito estaría castigado con pena de prisión e as integrantes de Prosagal indicaron que presentaron probas de como se levou a cabo este procedemento.
Precisamente, o TSP que lidera Cándido Sartier interpuxera unha demanda por unha vulneración de dereito á honra contra Carolina Iñarrea cando criticara as formas nas que o resto de sindicatos obrigáranlle a abandonar o cargo de presidenta da Xunta de Persoal en 2017.
As representantes de Prosagal aseguran que esta situación "é triste" porque en lugar de estar todas as centrais sindicais unidas para facer fronte á xerencia e defender aos traballadores, están a enfrontarse os integrantes da xunta de persoal con descualificacións persoais e insultos como os que se rexistraron durante a última xunta, segundo expoñía Iñarrea. As eleccións sindicais no CHOP están previstas para maio de 2019.
Desde Prosagal sinalan que desde o SERGAS está a levarse a cabo unha política na que o persoal está a perder dereitos laborais, con limitacións graves nas concesións de permisos.
Relacionadas:
-
Chaman a manifestarse contra o peche de 83 camas previsto para este verán nos hospitais de Pontevedra
Por Alejandro Vila de la Fuente & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Prosagal denunciará a toma de posesión de Sartier como presidente da Xunta de Persoal dos hospitais de Pontevedra
Por Redacción |
-
Piden a Carolina Iñarrea unha indemnización de 9.000 euros por socavar a honra sindical: "Ni que fuera la Pantoja"
Por Anxo Lourido |