A auga chegará a máis veciños dos Areás
Por Alejandro Espiño
Media ducia de vivendas do lugar dos Aréas, en Mourente, poderán conectarse á rede de abastecemento de auga. O voceiro municipal, Raimundo González, explicou que o proxecto inicial ampliarase a petición dos veciños e despois de comprobar os técnicos que é posible ofrecer esta subministración.
Así, tan só quedarán sen conectar varias vivendas de As Laxiñas. Alí existe un problema de cotas que impide que a auga chegue con presión suficiente, polo que non poderán conectarse á rede polo momento.
O edil do BNG explicou que se trata dunha zona na que os veciños solicitaron a conexión á rede xeral de auga porque secaran os seus pozos durante o verán.
A ampliación do proxecto terá un custe aproximado duns 32.000 euros, o que suporá un investimento de algo máis de 5.000 euros por vivenda.
O resto da zona só se poderá conectar unha vez que entre en funcionamento a rede en alta realizada por Acuaes en Pontevedra e se vaian executando as redes secundarias e particulares dende a rede xeral ás vivendas, en cada núcleo do rural.
O concelleiro estimou que nos vindeiros anos poderase iniciar esta conexión que será "moi cuantiosa para o concello".
Nos Areás, o Concello está a instalar a rede de abastecemento de auga potable por 84.022,40 euros adxudicado á empresa Oserco que ofertou como melloras un incremento do grosor do asfalto en un centímetro e ampliar a rede de auga en 50 metros máis, en dirección a Monte Porreiro.
A instalación desta rede ten unha lonxitude de 700 metros e está montada con tubaxe de fundición dúctil. Como novidade, suporá a substitución de todo o firme da rúa.
Relacionadas:
-
As obras para ampliar a rede de abastecemento de auga nos Areás, en marcha
Por Redacción |
-
"Vimos a ducharnos"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Oubiña presenta aos veciños de Mourente a reforma dos Areás
Por Redacción |
-
Adxudican por 84.000 euros a obra que levará o abastecemento de auga ao núcleo dos Areás, en Mourente
Por Redacción |