O Concello "abrirá a man" para aumentar o "insuficiente" gasto nas luces de Nadal
Por Alejandro Espiño
O diñeiro que Pontevedra destina á iluminación do Nadal é "insuficiente". Así o recoñeceu o portavoz do goberno municipal, Raimundo González. Por iso é polo que, sen chegar ás cifras "estratosféricas" que gastan outros concellos, o Concello entende que terán que "abrir un pouco a man" o próximo nadal.
Dentro do contrato asinado con Iluminaciones Umia, o custo de instalación desta iluminación foi de 31.339 euros, IVE incluído.
En base a esa cantidade, impoñerase unha sanción á empresa polas deficiencias detectadas no seu funcionamento. Será, como recolle o prego contractual, do 2% do custo de instalación. É dicir, 626,78 euros.
O propio Raimundo González lamenta que sexa unha cantidade baixa que "non compensa" o dano causado na imaxe da cidade.
O informe técnico, sen entrar en cuestións estéticas, acredita que os Bombeiros tiveron que acudir ata en tres ocasiones ás rúas Benito Corbal e Sagasta para sufocar pequenos conatos de incendio provocados por fallos na iluminación.
Este feito, segundo o Concello, permitirá "perfeccionar" os pregos do novo contrato, introducindo cláusulas que regulen a estética das luces ou inclúan un réxime sancionador con multas máis duras ante os posibles incumprimentos.
Relacionadas:
-
Pontevedra gastará 122.000 euros en iluminar a cidade para o Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
Os populares denuncian a "desastrosa imaxe" amosada con relación ao alumeado do Nadal
Por Redacción |
-
Crece o "descontento" do Concello coa empresa da iluminación de Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Así arde a iluminación de Nadal
Por Redacción |