Un condutor ferido en Barro tras bater contra a mediana da AP-9
Por Redacción
Un accidente na autoestrada AP-9, á altura da Portela (Barro), mobilizou onte á noite aos servizos de emerxencia. Un condutor resultou ferido despois de que o seu coche chocase contra a mediana
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 20.30 horas no quilómetro 119 da AP-9.
Como consecuencia do impacto, o condutor sufriu unha forte conmoción e foi trasladado nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario de Pontevedra.
Non foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Salnés para excarceralo, a pesar de que varias persoas que acudiron a auxiliar ao ferido tiveron dificultades para abrir as portas do coche.
O accidente produciu bastantes danos na autoestrada. Restos do coche mesmo chegaron a exceder a mediana e acabaron nos carrís de circulación en dirección a Pontevedra.
Axentes da Garda Civil de Tráfico trasladáronse ao lugar para coordinar a circulación ata que os operarios de mantemento de Audasa puideron limpar a zona e retirar os restos do coche sinistrado.