"El club de la esquina" estreouse coa chegada de febreiro na programación de PontevedraViva Radio. Programa musical conducido polo músico e xornalista pontevedrés Tino Domínguez.
Para este primeiro programa a selección inclúe as bandas e solistas internacionais The Ventures, Trisa Yerwood, The Scorpions, MonaLisa Twins, Adamo, Sam Cooke, Roy Orbison, The Four Seasons, Bee Gees e The Beatles.
A recado coñeces as cancións, pero tamén é moi posible que descoñezas as historias que acompañan a tantos clásicos da música e que Tino Domínguez lembra en "El club de la esquina".
Do panorama nacional recupera o pop español dos 60 con Micky y los Tonys e Módulos. Hai oco igualmente para as bandas locais cos Black Stones na estrea en PontevedraViva Radiodeste veterano programa da radio convencional.