O tempo: alerta laranxa na Coruña
Por Redacción
A Xunta de Galicia alerta dun fenómeno adverso de nivel laranxa por choiva que vai afectar durante a xornada de hoxe á zona oeste da provincia da Coruña.
Segundo indican as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da Delegación Territorial de Galicia, a partires das 13.00 horas de hoxe, na zona oeste da provincia coruñesa espéranse precipitacións acumuladas que poderán acadar os 80 mm en 12 horas (alerta laranxa). Así mesmo, a AEMET activou tamén a alerta amarela de vento, con rachas máximas de ata 80 quilómetros por hora.
Recoméndase precaución aos condutores que se despracen cara á Coruña ante as fortes chuvias e o vento.